Novo estándar ISO/PAS 45005 para un traballo seguro en pandemia28-06-2021 - SEGURIDADEO novo estándar ten o obxectivo de converterse en guía completa e xenérica, sobre a protección das persoas traballadoras en pandemia, en concreto, na actual pandemia Covid-19. A urxencia de contar con esta normalización, apta para todo tipo de empresas -tamaños, localizacións e sectores- favoreceu que se obtivese un texto consensuado en só tres meses. |
|---|
En decembro de 2020 a Organización Internacional de Normalización publicou a nova norma ISO/PAS 45005. Establece directrices xerais para un traballo seguro durante a pandemia de COVID-19. Busca ser a referencia estándar da xestión e os cambios da seguridade e saúde que se xeraron no mundo do traballo como consecuencia da pandemia.
O novo estándar ten o obxectivo de converterse en guía completa e xenérica, sobre a protección das persoas traballadoras en pandemia, en concreto, na actual pandemia Covid-19. A urxencia de contar con esta normalización, apta para todo tipo de empresas -tamaños, localizacións e sectores- favoreceu que se obtivese un texto consensuado en só tres meses.
As directrices da ISO/PAS 45005 foron aprobadas, antes da súa publicación, polos 80 países membros do comité técnico de ISO que se encarga da normalización da xestión da seguridade e saúde ocupacional.
Para todos os/as traballadores/as
A norma ISO/PAS 45005 oriéntase a traballadores/as por conta allea, autónomos, contratistas, empregados/as con discapacidade… en definitiva: a todo tipo de empregados/as. Tamén inclúe a clientes, provedores e cantas partes interesadas estean involucradas coa actividade dunha empresa ou un negocio.
Outro aspecto de interese é que este novo estándar complementa as directrices e regulacións nacionais que xa existen en cada país ou territorio.
Entre as vantaxes que se poden detallar que achega a implementación da ISO/PAS 45005 están:
Fonte: Prevención Integral